Для обеспечения бесперебойного доступа к сервису при технических работах или блокировках основного адреса используется Кракен зеркало. Это полная копия сайта, размещенная на альтернативном домене, с сохранением всего функционала.

A Asociación Autismo Ourense continúa a desenvolver iniciativas destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e das súas familias, grazas ao apoio da Xunta de Galicia, a través das axudas financiadas con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, correspondentes á convocatoria do ano 2025.

O programa Tecendo Apoios busca promover a autonomía persoal, o benestar físico e emocional e a participación social das persoas con TEA, mediante intervencións individualizadas e actividades adaptadas ás súas necesidades. O traballo abrangue diferentes contornos da vida cotiá, favorecendo a adquisición de hábitos saudables, a regulación emocional, o seguimento escolar e o desenvolvemento de habilidades que permitan avanzar cara a unha maior autonomía.

As familias ocupan tamén un lugar fundamental neste proceso. O acompañamento, a orientación e a coordinación con outros recursos educativos e comunitarios permiten reforzar as aprendizaxes e dar continuidade aos apoios nos distintos contornos, contribuíndo a construír unha sociedade máis accesible e inclusiva.

Desde a Asociación Autismo Ourense agradecemos á Xunta de Galicia o seu apoio e compromiso coas iniciativas sociais que contribúen a dar resposta ás necesidades das persoas con TEA e das súas familias, permitindo seguir tecendo unha rede de apoios que favoreza o seu benestar e a súa participación na comunidade.