A Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia concedeu á nosa entidade, a través da asignación tributaria do 0,7 % do IRPF, unha subvención na convocatoria do ano 2025 para o desenvolvemento do Programa de atención temperá e sociosanitaria a persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA).
Esta axuda resulta fundamental para continuar desenvolvendo actuacións de atención temperá, apoio e intervención especializada, contribuíndo a dar resposta ás necesidades das persoas con TEA e das súas familias, favorecendo o seu benestar e mellorando a súa calidade de vida.
Desde a Asociación Autismo Ourense agradecemos profundamente esta colaboración institucional, que nos permite seguir avanzando no noso compromiso cunha atención integral, especializada e centrada nas persoas con autismo e as súas familias.
