A Asociación Autismo Ourense desenvolve o “Programa de Atención Infantil” grazas ao apoio da Deputación de Ourense, a través da Convocatoria de subvencións para entidades sociais sen ánimo de lucro para proxectos de carácter social 2025.

Este programa ofrece atención especializada a nenos e nenas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) ou sospeita de telo, así como acompañamento e orientación ás súas familias.

A través de servizos de valoración, atención temperá, acollida familiar, orientación educativa e intervención no fogar, búscase favorecer o desenvolvemento infantil e mellorar a calidade de vida das familias.

💙 Grazas á Deputación de Ourense por apoiar proxectos que fomentan a inclusión, a detección temperá e o benestar das persoas con TEA na nosa provincia.