A Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia concedeu á nosa entidade, a través da “Asignación tributaria do 0,7 % do IRPF”, unha subvención na convocatoria do ano 2024 para a realización do Programa de apoio integral a familias de persoas con TEA.
Esta axuda resulta fundamental para continuar desenvolvendo accións de apoio psicosocial, formación a familias e profesionais, así como actividades de sensibilización que fortalecen a rede de coidados e melloran a calidade de vida das persoas con TEA e do seu entorno familiar.
Desde a Asociación Autismo Ourense agradecemos profundamente esta colaboración institucional, que nos permite seguir avanzando no noso compromiso de acompañamento e apoio ás familias.
