💙 Un ano máis, grazas por sumar.

Desde Autismo Ourense queremos agradecer ao Concello de Ourense o seu apoio continuado ao Programa de Promoción da Autonomía Persoal en Persoas con TEA. A colaboración institucional sostida no tempoé o que permite que os programas non só existan, senón que medren, melloren e teñan un impacto real na vida das persoas e das súas familias.

Grazas por escoitar, por buscar solucións e por camiñar ao noso lado un ano máis.

Seguimos avanzando, xuntos, cara a unha Ourense máis inclusiva.